![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgzGiEwRNZDgmP9ISens1erVAT6YFSFaFRfu4NsrXjlzq83Tso1ngZtdJtfM-zICmENLBCzu1zol7TIswYC0pan9CInZyhpJ1-IG43L3_I1r7WYp94RqAvaEOs207WRWQyqK8p0MDDGyWs_/s320/1252498293igualdade.jpg)
A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, anunciou hoxe que o departamento que dirixe ofrece un total de 3.000 prazas que forman parte do Programa de Formación e Tempo Libre dirixido a mulleres. Segundo afirmou a edil, con este programa, que se desenvolve en colaboración con máis de 50 asociacións ata xuño de 2010, quérese "cubrir as demandas de todas as mulleres e pensando en todas as idades das demandantes".
"A Concellería de Igualdade é a única que ofrece un espazo propio para mulleres, que todavía é moi demandado", apuntou Iolanda Veloso. A concelleira nacionalista explicou que as materias dos cursos nos que as mulleres maiores de 18 anos poden participar son moi variadas e abarcan dende actividades físicas, nutrición ou masaxe ata risoterapia ou pintura. Asemade, salientou que o traballo coas asociacións é fundamental e dende a concellería se busca a "maior flexibilidade posible para que todas poidan impartir os cursos".
XORNAL CONCELLO DE VIGO
No hay comentarios:
Publicar un comentario